I-Comercio: idea o teu comercio!
Unha idea promovida dende a Dirección xeral de Comercio e Consumo na que se convida ao alumnado de 3º e 4º da ESO, con idades comprendidas entre os 14 e 16 anos a imaxinar o seu comercio ideal.
Un concurso creativo, diferente e orixinal no que achegar aos/ás máis novos e novas ao comercio de proximidade e traballar nunha idea pioneira e innovadora, que contribúa o desenvolvemento da súa contorna, ao tempo que se respecta o medio ambiente, cun obxectivo claro:
CONCIENCIACIÓN E VISIBILIDADE DO COMERCIO LOCAL.
Participar é moi sinxelo!
O alumnado que queira participar, sempre baixo a supervisión do seu titor ou titora, deberá traballar nunha idea de comercio local que cumpra cos seguintes pilares:
SOSTIBILIDADE +
INNOVACIÓN +
DIXITALIZACIÓN +
Para iso deberán formar grupos de traballo de como mínimo 4 e máximo 8 integrantes e escoller a categoría na que queren desenvolver os seus proxectos:
O prazo de inscrición remata o vindeiro 21 de setembro, se o teu cole aínda non fixo a súa solicitude, pode facelo a través do seguinte formulario:
Como desenvolver a túa IDEA?
Formade o voso grupo de traballo (entre 4 e 8 persoas) e elixide a categoría na que queredes participar:
- Alimentación e artigos de primeira necesidade.
- Arte, cultura, entretemento, tecnoloxía e innovación.
- Téxtil e complementos, fogar, bricolaxe e xardín.
Pomos a vosa disposición materiais de apoio que vós axudarán a deseñar o voso comercio ideal! Facilitarémosvos información sobre o proceso de creación dun negocio, loxística, comunicación, marketing... Teredes todo o necesario para darlle forma a vosa idea, como todos uns profesionais!
Agora só tedes que deixar voar a vosa imaxinación, e deseñar o voso comercio ideal!
Recordade que debedes incluír:
- Categoría do comercio
- Como melloraría a vosa contorna
- Ten que ser unha idea sustentable e innovadora.
Dispodes dun prazo de sete semanas para a realización do voso traballo e podedes presentalo en formato pdf, vídeo, podcast...
Agardamos as vosas ideas, sorprendédenos!
Unha vez teñades creado o voso proxecto, debede mandalo ao enderezo concurso@i-comercio.gal antes do 18 de novembro.
Lembrade que cada instituto só pode participar cun único proxecto.
Participar no concurso i-Comercio ten recompensa!
Un xurado profesional, escollerá entre tódolos participantes 3 gañadores, por cada unha das categorías, entregándose un total de 9 premios!
O premio consiste nunha pantalla táctil de última xeración para a aula, ofrecendo unha experiencia interactiva incrible!